Compra en lonxa
Temos a capacidade de adquirir todo o peixe que se vende nas lonxas galegas mediante compradores que traballan nelas desde a madrugada, moi cualificados e permanentemente coordinados. Son a garantía de conseguir a mellor opción de compra suxeita ao que pida cada cliente.
Desde as lonxas do norte galego xestionamos a compra de pescada, carioca, xurelo, congro, rape, bonito, boquerón, sardiña, lirio e caballa. Tamén peixe do día como robaliza, rodaballo, ollomol, linguado; e mariscos como langostino, navallas, percebe e centola; ademais de polbo. E nas lonxas do sur galego adquirimos palometa negra, galo, linguadina e rape, entre outros produtos.
Sempre nos adaptamos ás necesidades do cliente (peixe en seco, en auga con xeo…) porque as cadeas de supermercados e grandes superficies están a mudar os seus modelos de venda, mellorando ou ampliando as seccións de peixaría en fresco con produtos elaborados e envasados.