O grupo

Somos un grupo novo, pero con moitos anos de experiencia servindo os mellores produtos do mar; un equipo humano cohesionado e con flexibilidade para adaptarse ao sistema e ás demandas do cliente. Decenas de profesionais traballan connosco coordinadamente a pé de lonxa, nas nosas naves e na rede de transporte, comercial e administrativa; contando co mellor equipamento industrial.


PESCADOS A CIGURRIA

Nace en 1985 na Coruña, Vigo, Burela e Ribeira. O noso equipo humano e tecnolóxico está moi especializado e garante a máis estrita calidade do produto adquirido nestas lonxas, un bo servizo e un prezo competitivo.


PESCADOS O CAMPO S.L.

Créase en Madrid en 1999 como rede de loxística integral para atender a almacenistas dos mercados máis importantes e a grandes superficies. Recibe e organiza peixe e marisco de calquera dos caladoiros nos que traballamos, para transportalo desde a lonxa ata Mercamadrid, calquera punto de España ou do mundo. E centraliza a loxística de importación e exportación.