Importación

Para complementar as necesidades dun mercado en constante transformación en hábitos e preferencias, A Cigurria foi ampliando a súa carteira de produtos con este novo servizo engadido recentemente, dada a demanda que percibimos e que decidimos cubrir.

Salmón noruegués, dourada e robaliza de cultivo, sardiña, polbo, lura e langostino cru e cocido, son os produtos estrela de importación que complementan aos nosos peixes e mariscos frescos.

Algúns clientes tamén nos solicitan outros produtos do mar de modo puntual, porque saben que o Grupo A Cigurria pode cubrir a compra e o envío de calquera deles.

Compra en lonja