Loxística

Podemos facer chegar os nosos produtos a calquera parte do mundo. Ofrecemos unha ampla rede de distribución e loxística, que se xestiona cun sistema informático e un software desenvolvido exclusivamente para as nosas empresas, o que permite realizar un completo seguimento de peixes e mariscos desde a súa entrada en calquera punto de elaboración ou distribución ata a súa saída e entrega.

Os códigos de barras dos pedidos son lidos mediante un sistema que envía os datos directamente á oficina, cumprindo con todos os requisitos de control e trazabilidade e garantindo unha calidade indiscutible. Unha moderna frota de vehículos con equipos de frío e isotermos finaliza o envío e a distribución, garantindo que os froitos do mar cheguen no estado de frescura esixido.

Preocúpanos tanto adaptarnos aos requirimentos do cliente como coidar os estándares máis altos de calidade e trazabilidade.

Compra en lonja