Almacenaxe e refrixerado
O produto sempre chega nas mellores condicións desde a súa extracción: é seleccionado polo noso persoal, manipulado coa mellor maquinaria de elaboración agroalimentaria do mercado e almacenado nunha rede de frigoríficos.
As nosas instalacións están perfectamente acondicionadas porque investimos en sistemas tecnolóxicos e en maquinaria moi avanzada: túneles de conxelación, glasexadoras, máquinas de hixienizar, peladoras, máquinas envasadoras ao baleiro, serra e clasificadoras. Ademais, fabricamos o noso propio xeo.
A forma de manipulación é decisión do cliente, aínda que a principal forma de envasado que utilizamos é térmica e ao baleiro, para que non rompa a cadea de frío dos produtos conxelados con máis demanda: rape e derivados, sardiña e langostino.
Con este eficaz sistema de refrixerado adiantámonos aos períodos de escaseza investindo para os clientes, que só teñen que realizar o pedido, e terán o produto desexado en calquera momento do ano.