Venda directa (peixarías)
A pesar de que o grupo evolucionou ata servir ás maiores cadeas de alimentación europeas, o carácter familiar que desde a dirección sempre se quixo manter vese reflectido nesta rama da empresa: Peixarías Peyma.
Conta cunha rede comercial de máis de 10 establecementos situados no noroeste peninsular, sobre todo na zona oriental de Galicia e na provincia de León. Estes puntos de venda directa chegan con proximidade e confianza ao cliente máis fiel, mantendo, como nas outras filiais do Grupo, moi altos niveis de calidade en produto e servizo.
O trato directo é moi valorado por un cliente tamén esixente, que sabe que aquí sempre atopará o peixe e o marisco galego máis fresco, manipulado por profesionais.